Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de actividades/exercicios/problemas/controis puntuais que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B4
B5
B6
B8
B10
B12
B13
C117
C118
C119
C120
C122
C123
Traballo tutelado Realización fóra da aula dun traballo individual ou en parellas supervisado e presentación oral do mesmo na aula. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C117
C118
C119
C120
C122
Exame de preguntas obxectivas Primeiro exame parcial sobre os contidos teóricos e prácticos correspondentes aos temas 1-3 da materia. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
C117
C118
C119
C120
C122
C123
Exame de preguntas obxectivas Segund exame parcial sobre os contidos teóricos e prácticos correspondentes aos temas 4-6 da materia. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B8
C117
C118
C119
C120
C123
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO)

1a) Avaliación continua

Para a avaliación continua computarán os seguintes 4 parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Un exame parcial (25%) sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 1-3 da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. O exame terá lugar na sesión teórica da semana inmediatamente posterior á finalización do tema 3. A data será anunciada en MooVi e na aula coa debida antelación.

(2) Un exame parcial (25%) sobre os contidos teóricos e prácticos dos temas 4-6 da materia, incluíndo as lecturas obrigatorias. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade.

(3) Actividades puntuais (25%): resolución de exercicios, problemas, actividades ou controis puntuais que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Un traballo escrito coa súa correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un traballo individual ou en parellas,segundo anuncie a profesora. A data será acordada coa profesora coa debida antelación.

É requisito para superar a avaliación continua acadar unha nota de alomenos 5/10 en cada un dos parámetros arriba mencionados. No caso das actividades/exercicios/problemas/controis, haberá que acadar unha nota media de alomenos 5/10 entre todos os entregables para poder superar aavaliación continua. De non cumprirse estes requisitos, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos mencionados parámetros sexa 5 ou superior.

1b) Avaliación única

O alumnado que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos 15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados en base a un único exame final que computará coma o 100% da cualificación. O exame abarcará todos os contidos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias. A celebración do exame único terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO)

O alumnado que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á segunda edición de actas de xuño, na que será avaliado do programa completo en base a un único exame final. O devandito exame abarcará todos os contidos do programa, incluíndo as lecturas obrigatorias, e computará como o 100% da cualificación.

No caso de que a/o alumna/o teña superado un dos dous exames parciais realizados no primeiro cuadrimestre cunha cualificación de 5/10 ou superior, gardaráselle a nota dese exame para a convocatoria de xuño e só terá que examinarse dos contidos correspondentes ao exame suspensa. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure no calendario oficial que aprobe a Xuntade Facultade.

MOI IMPORTANTE

- Só poderá facer os exames parciais o estudantado de avaliación continua que se presente/faga o resto das probas avaliables.

- Non se poderá cambiar de tipo de avaliación (de única a continua, nin de continua a única) transcurridos os 15 primeiros días do curso.

- Tanto na avaliación continua como na única terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.

- En caso de calquera tipo de plaxio (eg. copia total ou parcial de textos, copia doutras/os estudantes en exames/exercicios, etc.) nalgunha proba/traballo/actividade puntual, a cualificación final será de suspenso na materia nesa convocatoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. Véxanse os artigos 40-42 do “Regulamento sobre a avaliación, a calificación e acalidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado” da UVigo.

- Non se admitirán cambios de datas de exames, salvo de xeito excepcional e sempre que o cambio estea debidamente xustificado e sexa por causa de forza maior. O alumnado de intercambio deberá ter en conta as datas oficiais dos exames e planificar a súa estadía en Vigo en consonancia con esas datas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000