Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia (obxectivos, contidos e sistema de avaliación).
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia seguindo o temario.
Resolución de problemas Resolución de exercicios prácticos dos sistemas entoativos e de análise do discurso oral e/ou actividades autónomas ou en pequenos grupos baseadas nos contidos teóricos da materia explicados previamente.
Prácticas de laboratorio Prácticas do nivel entoativo do discurso oral tanto a nivel de discriminación auditiva coma de produción oral.
Prácticas con apoio das TIC Desenvolvemento de forma autónoma a través das TIC de exercicios/problemas ou outras actividades de aplicación da teoría ao nivel práctico.
Seminario Orientación xeral para a resolución de actividades/problemas/exercicios e a realización de traballos individuais ou en parellas, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico, etc., é dicir, asesoramento sobre as actividades e contidos da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado Realización de traballos individuais ou en parellas supervisados e presentación oral dos mesmos na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000