Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada en modalidade presencial (no despacho da profesora durante o horario de titorías) e en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma MooVi de teledocencia, o correo electrónico e o despacho virtual do Campus Remoto). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa resolución de problemas e/ou exercicios, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado O alumnado contará con atención personalizada por parte da profesora en modalidade presencial (no despacho durante o horario de titorías) e en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma MooVi, o correo electrónico e o despacho virtual do Campus Remoto). Esta atención personalizada estará encamiñada a orientar ao alumnado na planificación e elaboración do traballo escrito e a súa posterior presentación oral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000