Co fin de unificar e facilitar a comunicación durante as sesións, con independencia da localización física dos alumnos, empregarase sempre unha única plataforma de videoconferencia como ferramenta principal (Campus remoto, Teams, etc) para todos os grupos. A plataforma a utilizar será anunciada antes do inicio das sesións.
Deste xeito, rógase aos alumnos que acudan ás sesións cun dispositivo adecuado (móbil, tablet, portátil, computador de sobremesa) para utilizar esta plataforma.
Os devanditos dispositivos tamén serán necesarios para realizar algúns exercicios prácticos mediante plataformas e ferramentas que só son accesibles a través de Internet.
No caso de que algunha ferramenta requira rexistro previo, será notificado de forma anticipada ao comezo da sesión.
|