Guia docente 2025_26
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
 Materias
  Deseño, cálculo e certificación de sistemas de propulsión aeroespaciales
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo que consiste no deseño dun sistema de propulsión cos conceptos apresos na materia e con presentación en clase 20 B9
B10
C2
C3
D6
Prácticas de laboratorio Informe de prácticas de laboratorio 10 B9
B10
C2
C3
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Dous exames baseados na resolución de problemas e/ou preguntas conceptuais
sobre os contidos da materia. O primeiro realizarase en clase e o segundo será en data de exame oficial.
Cada exame valerá o 35% da nota final.
70 B9
B10
C2
C3
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade:

(1) Estudantes que seguen o curso por Avaliación Continua:

Para poder superar a materia na primeira oportunidade, mediante Avaliación Continua, será necesario:
-Unha nota nos exames de avaliación continua de, como mínimo, un 4.0. Unha nota media nos exames de avaliación continua de 5.0
-Asistir a, como mínimo, o 80% das sesións de prácticas.
-Entregar a totalidade de memorias de prácticas e traballos da materia obtendo, como mínimo, unha nota de 3 en cada un deles.
No caso de non cumprir ditas condicións a nota final será a resultante do mínimo da nota media de EC e de 4.9.
As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo, sempre que sexa posible. O exame final de avaliación continua realizarase na data aprobada polo centro para a primeira oportunidade.

(2) Estudante que desexen ser avaliados mediante avaliación global:
A avaliación do curso na primeira oportunidade realizarase, por defecto, mediante Avaliación Continua. O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria, que non poderá ser superior a un mes.
A nota obtida neste exame representará o 100% da nota final.
O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. O exame de avaliación global realizarase na data aprobada polo centro para a primeira oportunidade.

Segunda oportunidade e Fin de Carrera:O alumnado que non superasen a materia na primeira oportunidade e renunciase á avaliación continua, poderá realizarán un exame que supoñerá o 100% da nota final. O estudante deberá obter unha nota mínima de 5.0 neste exame. Este exame pode ter unha parte para realizar nunha sala de computadores e / ou laboratorio, e comprenderá a totalidade da materia impartida, así como os contidos abordados en todas as sesións prácticas e traballos. O estudante que fose avaliado por avaliación continua en primeira oportunidade e non renunciase á mesma, será avaliado de novo do exame final de Avaliación Continua e debe cumprir cos requisitos para superar a materia por avaliación continua.
Os exames de segunda oportunidade e fin de carreira realizaranse nas datas aprobadas polo centro para cada convocatoria.

Outras consideracións:
En caso de detección de plaxio en calquera elemento de cualificación, a cualificación en devandito item será 0 e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta do Centro EEAE publícase no sitio web https://muea.webs.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000