Avaliación na primeira oportunidade Para aprobar a asignatura na 1ª oportunidade, será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e o exame na data oficial. Ademais, a cualificación do exame na data oficial debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados. Para a avaliación global, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura, incluíndo os contidos e métodos utilizados no traballo. A cualificación desa proba para aprobar a asignatura será de 5 puntos sobre 10. O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publicarase na web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. O estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro para cada convocatoria. Avaliación na segunda oportunidade O alumnado deberá presentarse ao exame da segunda convocatoria de todos os contidos da asignatura, que suporá o 100% da nota, se a cualificación final da avaliación continua for menor que 5 puntos sobre 10. Tamén terá que presentarse ao exame da segunda convocatoria nos seguintes supostos: - Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final da primeira oportunidade.
No caso de obter unha cualificación igual ou maior a 5 no exame da segunda oportunidade, a cualificación final da asignatura será a maior nota entre: O exame da 2ª convocatoria. A media coas actividades realizadas durante o curso (facer a media coa porcentaxe da táboa de avaliación, substituíndo a nota do exame da primeira convocatoria pola da segunda convocatoria).
Avaliación de fin de carreira Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura. A cualificación desa proba para aprobar a asignatura será de 5 puntos sobre 10. |