Expoñeranse os fundamentos teóricos e prácticos de cada un dos temas da materia, co apoio da bibliografía e materiais audiovisuais e estimularase a participación do estudantado nas clases. Ademais, os estudantes realizarán algúns cuestionarios tipo test de forma autónoma.
Seminario
De xeito paralelo ás sesións maxistrais, nos seminarios abordaranse exercicios relacionados coa materia. O estudantado dispoñerá previamente de boletíns que inclúan todos os exercicios da materia e contémplase a posibilidade de que resolvan de modo autónomo unha parte dos mesmos.
Prácticas de laboratorio
O alumnado realizará prácticas relacionadas cos contidos da asignatura co obxectivo de que adquiran destrezas relacionadas co manexo de materiais, reactivos e instrumentos habituais nun laboratorio.
Ao finalizar, farán un test sobre os contidos das prácticas.