Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase, mediante a realización en aula de varios test, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas cos contidos teóricos da materia vistos en clases de teoría.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
Seminario Avaliarase, mediante a resolución en aula de varios problemas, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas coa aplicación dos conceptos da materia.


10 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D8
D9
Prácticas de laboratorio A realización das prácticas é requisito "sine qua non" para aprobar a materia.
Ao finalizar as prácticas realizarase unha proba tipo test ou de preguntas de resposta curta sobre os contidos das mesmas que terá un valor de 5%.
Tamén se otorga un valor de 5% á actitude e o traballo durante a estancia no laboratorio.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
D9
D13
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas datas oficiais farase un exame de resolución de problemas e/ou exercicios da materia, para avaliar a consecución dos resultados de aprendizaxe relacionados coa aplicación a problemas dos conceptos da materia.
Previamente, ao longo do curso, fixarase a data para a realización dun exame non oficial de problemas e/ou exercicios da parte A da materia, que terá un valor do 20 % e que se complementará co exame da parte B realizado na data oficial e que terá o mesmo valor (20%).
40 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Nas datas oficiais farase un examen tipo test para avaliar os resultados de aprendizaxe relacionados cos contidos teóricos da materia.
Previamente, ao longo do curso, fixarase a data para un exame non oficial tipo test da parte A da materia e que terá un valor do 15 % e que se complementará co exame da parte B realizado na data oficial, e que terá o mesmo valor (15 %)

30 A1
C4
D1
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Sistemas de avaliación

Prantéanse dous sistemas de avaliación: continua e global.

1.1. Avaliación continua: Con carácter xeral, esta será a
modalidade de avaliación e a cualificación final determinarase de acordo coas
seguintes valoracións: 

 I.Prácticas de laboratorio: ata o 10 % do valor total da materia.

De forma xeral, a realización das prácticas de laboratorio dunha maneira
satisfactoria é requisito indispensable para superar a materia. Por outra
parte, realizarase un exame tipo cuestionario, para o cal se fixará unha
convocatoria específica. A cualificación das prácticas dependerá da labor
experimental realizada no laboratorio e da nota obtida no cuestionario. Esta
nota quedará consolidada para a 2ª oportunidade. O alumnado que fixo as
prácticas en cursos anteriores conservará a nota conseguida no seu momento.

II.Entregas de aula (test e
problemas)
: ata o 20 % do valor total da
materia.

Ao longo do
curso, organizarase a realización de 4 entregas: 2 relativas á parte A (Temas 1-8 da materia) e 2
relativas á parte B (Temas 9-15 da
materia). Cada entrega terá unha duración de 1 hora e consistirá en 1
cuestionario de preguntas tipo test e problemas. Todas estas entregas se farán
na aula habitual e en horario de clase. A nota das entregas quedará consolidada
para a segunda oportunidade.

III.Exame parcial (parte A): ata o 35 % do valor total da materia.

Ao finalizar a
parte A da materia (Temas 1-8) realizarase un exame parcial, que é opcional.
Considerarase que o parcial está aprobado cando se obteña como mínimo un 3.5/10
en teoría e un 3.5/10 en problemas e 5 no resultado de aplicar a ecuación:

Nota parcial A=nota teoría*0.40+ nota problemas*0.60.

IV.Exame parcial (parte B): ata o 35 % da nota total da materia

O exame parcial
da parte B levarase a cabo nas datas fixadas oficialmente para a 1ª e 2ª
oportunidade. Considerarase que o parcial está aprobado cando se obteña como
mínimo un 3.5/10 en teoría e un 3.5/10 en problemas e 5 no resultado de aplicar
a ecuación:

Nota parcial B=nota teoría*0.40+ nota problemas*0.60.

Os/as
estudantes que superasen o parcial A só terán que examinarse da parte B. Os
estudantes que non superaran a parte A ou non se presentaran, terán que
examinarse de ámbalas dúas partes nas datas fixadas oficialmente na 1ª e 2ª
oportunidade.

Cálculo da nota
final e restricións

A nota final da
materia será o resultado de aplicar a seguinte ecuación:

Nota final=Nota parcial A*0.35+Nota parcial B*0.35+Entregas (cuestións e
problemas) na aula*0.20+Prácticas*0.10

Para superar a materia terán que obter unha nota global igual ou superior a
5 e ter unhas notas mínimas de 3.5/10 en teoría e 3.5/10 en problemas
(calculadas como medias das partes A e B do temario) e non ter notas
inferiores a 3 en ningún exame (sexa de teoría, sexa de problemas).

Non obstante, nos casos  nos que o resultado de aplicar a ecuación
anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumpra algún requisito de
notas mínimas dos antes citados, a nota en actas será 4.9 (suspenso).

1.2. Avaliación global: Os/as estudantes teñen dereito
a optar pola avaliación global seguindo o procedemento e o prazo que estableza
o centro para cada convocatoria. En todos os casos, a nota final da materia
calcularase avaliando un exame que terá o valor do 100% da nota e que se
calculará do seguinte xeito:

Nota final=Nota teoría*0.40+Nota
problemas*0.50+Nota prácticas*0.10

Para superar a materia, terán que obter unha nota igual ou superior a 5.
Non obstante, nos casos  nos que o resultado de aplicar a ecuación
anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumpran os requisitos de
notas mínimas citados para 1ª e 2ª convocatoria, terán unha nota de 4.9 en
actas. 

 2. Convocatoria Fin de Carreira

Para a
convocatoria de Fin de Carreira, a avaliación realizarase mediante un exame de
teoría, problemas e prácticas, e a nota calcularase de maneira idéntica á
descrita na avaliación global.

3.  Datas de exames

As datas dos exames serán as publicadas no taboleiro de anuncios e/ou na
web do Centro. O exames realizaranse de forma presencial, salvo que a U. de
Vigo decida o contrario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000