Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación -Claridade expositiva e capacidade de transmisión das ideas principais do traballo.
-Capacidade de síntese.
-Presentación multimedia.
-Creatividade e innovación.
20 A2
A3
A4
B2
B7
B11
C33
C40
D1
D2
D3
D16
D17
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 40 B11
C33
C36
C39
C40
D2
D7
D8
D9
D11
D13
D16
D18
D22
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita...
20 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B11
B12
C33
C36
C39
C40
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Exame de preguntas obxectivas O alumnado debe responder de xeito directo e breve en base aos coñecementos adquiridos sobre a materia. A proba consta de de preguntas directas sobre un aspecto en concreto. 20 B1
C33
C36
C39
C40
D1
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ALUMNADO ASISTENTE


Primeira convocatoria:
A nota final será a media ponderada dos traballos realizados na aula (20%+20%), o caderno de prácticas e traballo de investigación (40%) e o exame (20%, sendo necesario que a nota mínima sexa un 4 sobre 10)

Segunda convocatoria:

As partes da materia superadas na primeira oportunidade, non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

ALUMNADO NON ASISTENTE

O alumnado non asistente terá un plan de traballo para as dúas convocatorias con diferentes actividades na plataforma Moovi e farán o exame nas mesmas condicións do alumnado asistente. 
A cualificación final da materia será a media das notas obtidas nas actividades (80%) e o exame (20%).

As partes da materia superadas na primeira oportunidade, non serán obxecto de avaliación na segunda, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptarase para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe da materia. Abrirase un cartafol na plataforma Moovi no que se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

As datas oficiais dos exames poderán consultarse na web da facultade no espazo  "datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000