Con esta materia preténdese que o futuro profesorado, ademais de adquirir unhas nocións xerais relativas ás Ciencias da Natureza, necesarias para a interpretación dos fenómenos máis cotiáns, coñeza o currículo escolar e as metodoloxías de ensino-aprendizaxe máis apropiadas para Educación Infantil. Para iso, é importante ofrecer aos futuros mestres/*os espazos de reflexión sobre as prácticas de aula e experiencias enriquecedoras de ensino-aprendizaxe das ciencias, que fagan posible o exercicio e o desenvolvemento das capacidades e actitudes necesarias para a súa futura actividade docente.