Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Saídas de estudo Planificar e programar as oportunas actividades e transmitir nas saídas académicas de estudo para fomentar un coñecemento temático-territorial dos recursos turísticos habidos e comprender a súa tipoloxía, sensiblilidade territorial, potencialidades de desenvolvemento, políticas de posta en valor, etc. Proporase a participación e enriquecimento do alumno na saida académica a base de fomentar a súa intervención sobre as temáticas a explilcar.
Seminario Planificar e programar as diferentes sesións académicas para GG; GM, GP. Así, atenderase ao alumnado que solilcite titoría sobre a materia teórica-práctica a impartir. Por tanto, a atención será tanto individualizada ao alumnado como en formato grupal para cada grupo de traballo que precise atención tutorizada.
Traballo tutelado Programar un modelo de realización do traballo grupal e expoñerase nas clases GM. Posteriormente o alumnado realizará unha estructura lóxica do traballo e acadará a información oportuna. Para iso, enseñarase a empregar ferramentas como SIG, SITGA, Base de dados do INE, IGE, etc. Preténdese aquí que se familiarice co acceso as fontes de información e que sepa acceder aos dados estatísticos e xeográficos das diferentes plataformas de documentación estatística e xeográfica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000