Guia docente 2021_22
Facultad de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Caracterización e Documentación Histórico-Artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Para a avaliación das competencias e coñecementos adquiridos nos temas 2, 3 e 4, o alumnado realizará de forma autónoma seis exercicios concebidos como etapas previas para a elaboración do estudo de caso, que se entregarán no curso virtual creado na plataforma Moodle. Valorarase positivamente a participación activa e individual a través de medios telemáticos.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas relacionadas cun ben ou conxunto de bens e a realización de informes histórico-artísticos.
50 CB4
CG1
CE1
CE11
CE14
CT2
CT8
Estudo de casos Análise dun problema ou caso real coa finalidade de que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas, relacionadas cun ben ou conxunto de bens culturais.

Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Saber buscar bibliografía e fontes arquivísticas precisas para a realización de traballos sobre bens culturais.
50 CB4
CG1
CE1
CE11
CT8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira realízase durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitarase a plataforma de docencia unha semana adicional, ao final de cada cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000