Estudo de casos |
Análise dun problema ou caso real coa finalidade de que o alumnado demostre o dominio das ferramentas necesarias para a busca e consulta de fontes bibliográficas e documentais de arquivo, gráficas e fotográficas, relacionadas cun ben ou conxunto de bens culturais.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Saber buscar bibliografía e fontes arquivísticas precisas para a realización de traballos sobre bens culturais. |
50 |
CB4
|
CG1
|
CE1 CE11
|
CT8
|
O alumno, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación. A primeira realízase durante o cuadrimestre de docencia. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitarase a plataforma de docencia unha semana adicional, ao final de cada cuadrimestre, para facilitar a dita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas. A segunda avaliación realízase no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. |