Procurarase involucrar aos alumnos nas explicacións, dirixíndolles preguntas e permitíndolles
prantexar dúbidas, que eventualmente poderían resultar en temas de discusión que os propios
alumnos poderían expor en clase tras a axeitada preparación. As respostas do alumnado a
cuestións concretas poderán formar parte da avaliación continua.
Seminario
Estimularase a participación en clase, de xeito que os alumnos poidan prantexar cuestións para
discusión adicional ou resolver ante os seus propios compañeiros. As solucións do alumnado a problemas propostos e/ou cuestións concretas poderán formar parte da avaliación continua.
Prácticas de laboratorio
Os alumnos contarán con asesoramento individual para axudarlles no manexo de instrumentos,
identificación de problemas de operación, obtención de datos representativos e análises de erros. Un desempeño experimental ou contribucións valiosas aos traballos prácticos poderán influír na avaliación continua.