Metodoloxías docentes durante a Modalidade mixta:
Debido ao baixo número de estudantes cos que habitualmente conta esta materia non é preciso adaptar as metodoloxías docentes a esta modalidade. A avaliación non presentará modificacións da exposta no apartado 7.
* Metodoloxías durante a Modalidade online:
En caso dun escenario de confinamento no que a docencia deba impartirse na súa totalidade na modalidade online, entregarase material ao alumnado a través da plataforma Moovi para o seu estudo dende a casa, estando no horario das aulas dispoñible para a resolución de dúbidas. A avaliación nesta modalidade realizarse de xeito non presencial empregando as ferramentas que poña a UVIGO a disposición do PDI e alumnado.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): titorías, concertadas previamente, mediante o emprego das salas de Profesorado Virtual que proporciona o Campus Remoto, a plataforma Moovi ou o correo-e.
* Outras modificacións: non se prevén novas modificacións significativas respecto da guía docente.
|