|
Para superar a materia do Prácticum o estudante deberá alcanzar o aprobado en cada un dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do centro escolar como do titor/a académico/a (Memoria de prácticas). A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 592/2014, de 11 de Xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a académico da Universidade a avaliación final. Para facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. Si o alumno/a presenta un informe
de avaliación do titor do centro educativo negativo, deberá repetir as súas
prácticas. Si un alumno suspende a Memoria de
prácticas terá a posibilidade de recuperar a materia na convocatoria de xullo. A data de entrega da Memoria será informada pola coordinadora. As datas do inicio e finalización das prácticas, dos seminarios e a entrega da Memoria se poderán consultar na páxina web da Escola de Maxisterio no apartado "Prácticum". |