O alumno asistirá o centro educativo desde o día 24 de setembro de 2026 até o día 19 de marzo de 2027.
O núcleo formativo fundamental do Prácticum desenvolverase mediante a participación no proceso de ensino e aprendizaxe da aula de educación infantil asignada (xeneralista e de especialidade, si é o caso).
O alumno de prácticas participará nas reunións dos equipos educativos dos que faga parte e colaborará nos proxectos de innovación e nas actividades extraescolares que o centro desenvolva.
Así mesmo asistirá a todas as reunións e actividades organizadas para que os estudantes en prácticas coñezan en profundidade a realidade educativa da Educación Infantil.
Seminario
O alumno asistirá á Escola de Maxisterio cada quince días para reflectir as súas experiencias aos seus compañeiros
Traballo tutelado
O alumnado deberá presentar unha Memoria de prácticas ao titor académico na data sinalada pola coordinadora.