Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría térmica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Presentación dunha memoria, podcast ou similar no que se describan os prácticas desenvolvidas no laboratorio. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame (escrito, oral,...) consistente na resolución de problemas e/ou exercicios. Será obrigatorio obter unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10 nesta proba. 40
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva (1) consistente en problema ou cuestións curtas e/o tipo test para coñecer a evolución progresiva dos estudantes durante o desenvolvemento da materia. 10
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva (2) consistente en problema ou cuestións curtas e/o tipo test para coñecer a evolución progresiva dos estudantes durante o desenvolvemento da materia. 10
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva (3) consistente en problema ou cuestións curtas e/o tipo test para coñecer a evolución progresiva dos estudantes durante o desenvolvemento da materia. 10
Exame de preguntas obxectivas Proba obxectiva (1) consistente en problema ou cuestións curtas e/o tipo test para coñecer a evolución progresiva dos estudantes durante o desenvolvemento da materia. Será obrigatorio obter unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10 nesta proba. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), os estudantes que escollesen a modalidade de avaliación continua (AC) poderán elixir, previamente á realización do exame (> 24 h), entre conservar a nota de AC ou realizar unha proba específica (PE).

Tantos os estudantes que elixisen a modalidade de avaliación global
segundo o procedemento e o prazo establecido pola escola como os que
vaian á convocatoria Fin de Carrera serán avaliados mediante un exame
global (100%) composto por teoría e problemas.

Utilizarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003, do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).

Compromiso ético: Espérase que o estudante presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considérase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0,0).

Non se permitirá a uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000