Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Biomédica/Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo Avalíase mediante cuestionario sa satisfacción dos beneficiarios do servizo, ponderada coa calificación da dificultade técnica polo profesorado 0
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
Práctica de laboratorio Realización práctica en Laboratorio.
Informe das actividades realizadas nas sesións de laboratorio, resultados da experimentación, etc.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas curtas, que poden ser de cuestións prácticas de laboratorio ou de conteptos de teoría. 15
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua para todos o alumnado, agás os que renunciasen oficialmente a ela en prazo e forma, en cuxo caso terán a posibilidade de realizar un exame final, cunha ponderación do 100 % da nota.

Se o alumnado participa nalgunha das probas de cualificación dentro da avaliación continua, considerarase como presentado á materia. A avaliación continua considérase ata xullo, polo que as cualificacións acadadas en todas as actividades realizadas con anterioridade, se manteñen ata a convocatoria de xullo, non se gardará dun curso escolar para outro. O alumnado que cursara a materia na modalidade de avaliación continua, e que así o solicite de forma oficial, poderá solicitar a renuncia á avaliación continua e concorrer á concovatoria de xullo coa avaliación do 100% da materia.

A avaliación constará de 4 probas, cun peso do 20% cada unha, e o 20% restante corresponde á cualificación das prácticas de laboratorio.

  • Proba nº 1: 20 %
  • Proba nº 2: 20 %
  • Proba nº 3: 20 %
  • Proba nº 4: 20 %
  • Prácticas de laboratorio: 20%

A planificación das probas e das sesións de prácticas será falicitada ao estudantado ao principio do cuadrimestre. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo (2 sobre 10), en todos e cada un dos items avaliables (probas + prácticas), e acadar un 5 sobre 10 na nota total.

Entre as actividades avaliables inclúense os proxectos ou actividades de ApS (Aprendizaxe-Servizo) previstos, que poden supoñer unha actividade con cualificación voluntaria extraordinaria, (ata un 10%), en función da súa viabilidade.

Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de comportamento pouco ético detectado, pódese concluír que o alumno non acadou as habilidades necesarias.

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia neste curso académico e quedará suspendida a nota global (0,0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000