Guia docente 2021_22
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Deseño e fabricación de produtos e equipos biomédicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Exame final 50 CB1
CB4
CG2
CE34
CT3
CT8
CT13
CT14
CT20
Prácticas con apoio das TIC Prácticas no Laboratorio e Traballo práctico 50 CB2
CG1
CE34
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT13
CT14
CT17
CT20
Traballo tutelado Traballo práctico 0 CB2
CG1
CE34
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT13
CT14
CT17
CT20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada proba, traballo ou informe será valorado sobre 10 puntos. Para superar esta materia pola vía de avaliación continua o alumno deberá alcanzar un mínimo de 5 en cada unha das súas partes (teoría e prácticas). A cualificación total obterase aplicando as seguintes porcentaxes: Teoría 50%, Prácticas (traballo) 50%. A parte teórica consiste fundamentalmente nunha proba escrita, que poderá ser tipo test. A parte práctica consiste no seguimento das correspondentes clases e no deseño dun obxecto biomédico, con entregas parciais e a final, que ademais inclúe unha exposición.


Aqueles alumnos que sigan a vía de avaliación continua poderán conservar a cualificación das partes superadas ata a convocatoria de xullo, debendo recuperar só aquelas non superadas.


Quen opten pola vía do exame final exclusivamente, realizarán tanto a parte teórica (50%), que poderá conter preguntas de resposta longa, como a práctica (50%). Para superar esta materia deberán alcanzar un mínimo de 5 puntos en cada unha destas partes. Se superan algunha delas consérvaselle ata a 2ª convocatoria (xullo).

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos
non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000