Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química orgánica industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Considerarase a actitude, a participación e a calidade do traballo realizado no laboratorio, ademais o estudantado responderá as cuestións expostas en cada unha das prácticas realizadas, entregando os informes de prácticas que lle sexan requiridos. 20 B3
B4
C4
D9
D16
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse probas parciais escritas, nas que se incluirán cuestións ou preguntas de resposta curta, e problemas, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. 30 B3
C4
D9
D16
Presentación Avaliarase a calidade dos contidos do traballo entregado, xunto coa presentación realizada e as respostas ás preguntas plantexadas. 20 B3
B4
C4
D10
D16
D17
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame final, no que se incluirán preguntas curtas e problemas. 30 B3
B4
C4
D2
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Consideracións sobre a avaliación
continua.

  • A participación do estudante nalgún dos actos de
    avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, por tanto, a
    asignación dunha cualificación en actas.
  • É obrigatoria a
    asistencia a un mínimo do 80% das prácticas de laboratorio, que non se poderán
    recuperar.


  • Para superar a materia, o alumnado deberá obter
    como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 en todos os apartados de
    avaliación (prácticas de laboratorio, traballo, exame parcial, exame final).
    Así, a cualificación global necesaria para aprobar a materia, resultante da
    suma ponderada de todos os apartados de avaliación, será de 5 puntos sobre 10.


  • O alumnado poderá renunciar ao sistema de
    avaliación continua mediante o procedemento e no prazo establecidos polo
    Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 % da cualificación
    asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán facer
    preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
    correspondentes ás clases prácticas.

 2. Consideracións sobre os exames (parcial e
final).

  • Probas parciais. Durante o curso
    realizarase unha proba parcial de carácter eliminatorio, que incluirá preguntas
    de resposta curta e problemas ou exercicios, cun peso na cualificación global
    do 30%. Para superar esta proba, deberase obter como mínimo unha cualificación
    de 5 puntos sobre 10.
  • Exame final 1ª oportunidade. Incluirá os
    contidos non avaliados na proba parcial, e terá un peso relativo do 30% na
    cualificación global da materia. En caso de non superar a proba parcial, darase
    a oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos correspondentes,
    na mesma data asignada para o exame final.
  • Exame final 2ª oportunidade. O exame
    poderá ter preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia,
    incluídos os correspondentes ás clases prácticas. O alumnado que obtivese a
    cualificación mínima establecida nesta guía para os diversos apartados de
    avaliación (prácticas de laboratorio, traballo, exame parcial), poderá
    examinarse só do resto de contidos.

 3. Consideracións sobre as actas

  • Acta de 1ª oportunidade. A cualificación
    global será a suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas
    (prácticas de laboratorio, presentación do traballo e exames escritos), sempre
    que se teñan superado con cualificación igual ou maior que 5,0. En caso de
    suspender ou non presentarse a un ou ambos dos exames escritos, na acta
    reflectirase a cualificación de Suspenso, cun valor numérico obtido a partir da
    suma ponderada das cualificacións das prácticas e presentación de traballo. Os
    contidos aprobados, de laboratorio e da presentación do traballo realizado, resérvanse
    para sumar coa cualificación obtida na convocatoria correspondente á segunda
    edición da acta.
  • Acta de 2ª oportunidade. A cualificación
    será a obtida ao sumar, coa ponderación establecida, a reflectida na primeira
    edición da acta coa obtida no exame correspondente á convocatoria
    extraordinaria, sempre que esta sexa igual ou superior a 5,0. No caso de que no
    exame final obtéñase unha nota inferior a 5,0, na acta reflectirase unha nota
    de Suspenso, cun valor numérico igual ao indicado na primeira edición.

 4. Consideracións éticas.

Espérase que o
estudantado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, e outros) considérase que o/a estudante non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0).

Calendario actualizado de exames: https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/

Profesora
responsable de grupo:
María Asunción Longo González

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000