Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química orgánica industrial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Ao longo do curso realizaranse exercicios en base a boletíns, algúns serán resoltos na aula e outros deberán ser traballados de forma autónoma e no seu caso entregados para avaliación.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio que incluirán cuestións ou exercicios relacionados co traballo realizado e que deberán ser entregados para a súa avaliación. Esta actividade é obrigatoria para poder superar a materia.
Traballo tutelado Proporanse ao estudantado temáticas relacionadas cos contidos da materia, para que realice un traballo individual ou en grupo sobre algunha delas.
Lección maxistral Consistirá na exposición dos contidos da materia en base á bibliografía proposta e á documentación facilitada na plataforma docente da universidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000