Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Simulación biomecánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Unha vez realizadas as prácticas realizaranse entregas de informes de prácticas e outras tarefas realizadas EN GRUPO 40 A5
B3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame tipo test sobre os contidos desenvolvidos na materia 10 B3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Realizaranse entregas de informes ou traballos realizados DE FORMA INDIVIDUAL sobre supostos propostos na materia 50 A5
B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá obter polo menos unha puntuación do 40% no apartado Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas (traballos realizados de forma individual).

Por defecto, a avaliación será en modalidade de avaliación continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo aquel que o desexe e o solicíte no tempo e forma especificados pola Escola.

Para o alumnado que curse a materia na modalidade de avaliación continua e non aprobe a materia na convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo), os/as docentes da materia lle indicarán as entregas ou traballos que terán que realizar para poder ser avaliado/a en esa convocatoria.

O alumnado que renuncie á modalidade de avaliación continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificalo aos/as docentes da materia coa antelación suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a recuperación.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000