Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Análise cronobiolóxico de sinais biomédicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas sobre os problemas resoltos nas prácticas en relación aos contidos das clases maxistrais. 30 A5
B3
Práctica de laboratorio Resolución de exercicios con computador 30 A5
B3
Presentación Presentación dun traballo tutelado e discusión co profesorado e o resto de estudantes 20 A5
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba constará de cuestións e problemas de resposta curta, con preguntas relacionadas coas clases maxistrais, de laboratorio e as presentacións dos traballos tutelados 20 B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ofrecerase a quen cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua (EC) e avaliación global (EG). O estudantado que desexe renunciar á avaliación continua (elección por defecto), deberá comunicarllo ao profesorado nun prazo non superior a dous meses dende o comezo das clases.

As notas das probas da avaliación continua só son válidas para a convocatoria ordinaria do ano académico en curso. As probas da avaliación continua non son recuperables, é dicir, se alguén non pode realizalas, o profesorado non ten a obriga de repetirllas (salvo casos debidamente documentados). Na avaliación continua a cualificación final non poderá ser "non presentado".

O alumnado que non opte pola avaliación continua deberá realizar un exame final, teórico e práctico, sobre tódolos contidos da materia. Este exame será cualificado entre 0 e 10 e esta será a nota final que se obteña.

O exame da oportunidade extraordinaria, do mesmo xeito que o exame da convocatoria de fin de carreira, terá unha estrutura similar ao exame final do alumnado que non opte pola avaliación continua.

Considérase que a materia está aprobada se a nota final obtida é igual ou superior a 5.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000