Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Bioinstrumentación. Sistemas de monitorización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Cada práctica de laboratorio avalíase de forma individual. Para poder aprobala é necesario alcanzar unha nota mínima do 40% da nota máxima posible.
Para valorar cada práctica terase en conta o traballo previo para a preparación de cada sesión de prácticas e o contido do documento resultados da práctica.
A nota total de prácticas calcúlase coa media aritmética da nota das prácticas. Para aprobar as prácticas é necesario obter como mínimo o 50% da nota máxima posible.
30 A3
B6
Aprendizaxe baseado en proxectos Na documentación entregada ao alumnado, ademais das especificacións de deseño e funcionamento do equipo electrónico para a medida e monitorización de sinais biomédicos, establécense 3 fitos de avaliación de tarefas. Para estas avaliacións, o alumnado deberá entregar unha memoria xustificativa da solución aplicada á tarefa avaliada. Cada unha destas avaliacións terá un peso do 20% na nota final desta avaliación. Ademais, realízase unha avaliación da solución final cun peso do 40% na nota final. Para iso, o alumnado deberá demostrar o funcionamento do equipo segundo as especificacións recibidas e entregar unha memoria xustificativa da solución aplicada. A planificación temporal destas avaliacións publicarase ao comezo a actividade docente da materia. Para aprobar está parte é necesario obter un 50% da nota máxima posible. 40 A3
B6
Exame de preguntas obxectivas Con este tipo de probas avaliaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais. Realizarase unha única proba ao finalizar ditas sesións en data e horario establecido pola Dirección da Escola. Para aprobar está parte é necesario obter un 50% da nota máxima. 30 A3
B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

1.1. Oportunidade ordinaria

A nota final da materia obterase como a media ponderada da nota de prácticas de laboratorio (A), a nota de aprendizaxe baseada en proxectos (B) e a nota do exame de preguntas obxectivas (C). Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima. Para poder facer a media é necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima en cada parte.

Si non se alcanza o mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando a nota obtida coa media ponderada por 0,64.

Aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 7,56 (máxima nota da media aritmética que se pode obter suspendendo a materia: nota de A=3; nota de B=3,9x0,4=1,56; nota de C=3; total=7,56).

1.2. Oportunidade extraordinaria

Na oportunidade extraordinaria non será necesario presentarse ás partes aprobadas.

A avaliación dos estudantes que teñan que presentarse á oportunidade extraordinaria do curso académico realizarase con:

  • Exame final: Proba con preguntas de resposta curta. Avaliaranse os conceptos teóricos e estudo de casos.
  • Exame de prácticas: Proba de realización dalgunha das tarefas indicadas nos enunciados de prácticas.
  • Presentación de proxecto: Avaliarase o proxecto asignado, segundo os criterios descritos para a oportunidade ordinaria.

A nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da oportunidade ordinaria.

2. Avaliación global e convocatoria de final de carreira

O alumnado de avaliación global e de convocatoria de final de carreira será cualificado por medio dun exame final de coñecementos teóricos (C) e un exame de laboratorio: prácticas (A) e proxecto (B). O peso e os criterios de avaliación son os mesmos que en avaliación continua.

3. Compromiso ético

Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000