Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Deseño de produtos e servizos intelixentes no sector biomédico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os contidos teóricos serán expostos polo profesor durante as clases complementados a través do debate e interpretación dos mesmos. Estarán coordinados coas actividades prácticas programadas.
Resolución de problemas De forma complementaria á exposición dos contidos teóricos iranse expondo e resolvendo diferentes exercicios de aplicación dos mesmos que os alumnos deberán resolver dun modo comprensivo e xustificado.
Prácticas de laboratorio En grupos, os alumnos da materia, baixo a titorización e control do profesor, deberán desenvolver e implementar un sistema intelixente aplicado a un produto ou servizo dentro da enxeñaría biomédica.
Prácticas con apoio das TIC No desenvolvemento das prácticas da materia os alumnos deberán empregar de forma activa diferentes tecnoloxías da información e a comunicación chegando mesmo a implementar algunha delas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000