Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Técnicas avanzadas no invasivas en enxeñaría biomédica: Aplicación do láser en medicina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Propoñeranse varias probas consistentes en preguntas de desenvolvemento,de tañ xeito que ningunha proba supere o 40% da nota global da materia. 60 A3
B6
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Traballo realizado en equipo pero avaliado individualmente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia, establécese unha nota mínima de 2 puntos sobre 10, tanto nas probas como no traballo para  a avaliación das competencias adquiridas.

Na segunda oportunidade só se avaliará aos alumnos que non superen a materia.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). 
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000