Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Mecánica de materiais e tecidos blandos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proporanse unha ou varias probas consistentes en exercicios e/ou tests conceptuais, de xeito que ningunha proba supere o 40% da nota global da materia, ao longo do curso en horario de aula nas datas/horas que aprobe o centro. A súa valoración será de 0 a 10 puntos. 40 A5
B3
Traballo tutelado Traballo realizado en equipo pero avaliado individualmente (integrando o desenvolvemento de cuestións e a resolución de problemas/exercicios correspondentes). Cada equipo de estudantes desenvolverá un problema proposto polo profesor e que integrará tanto os aspectos teóricos como prácticos relacionados coa asignatura. 40 A5
B3
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de boletíns de problemas plantexados regularmente, ao finalizar cada unidade téorica e de laboratorio, por parte dos alumnos de forma autónoma. Os alumnos deberán describir os procedementos utilizados así como os resultados obtidos ou observacións realizadas en relación a cuestións plantexadas polo profesor. 20 A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia considerarase superada cando a cualificación final do alumno supere 5,0.

Primeira Convocatoria ou Edición

  1. Modalidade de Avaliación Continua: A nota final da materia combinará as cualificacións dos boletíns problemas/cuestións propostos para resolver de forma autónoma (20%), as probas de seguimento corrrespondentes a exercicios/test conceptuais (40%), e o traballo proposto (40%), tutelado e desenvolvido ao longo do curso. En calquera caso é necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos en cada un dos boletíns de problemas/cuestións propostas, así como nas probas de seguemento ou no traballo tutelado proposto.
  2. Modalidade de Avaliación non Continua: Establécese un prazo de dúas semanas desde o inicio do curso para que o alumnado xustifique de forma documental a súa imposibilidade para seguir o proceso de avaliación continua.O alumno que renuncie á avaliación continua realizará un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír preguntas tipo test, preguntas de razoamento ou desenrolo, resolución de problemas ou o desenrolo dun caso práctico. A cualificación do exame será o 100% da nota final. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10,0 posibles para poder superar a materia. Este exame realizarase nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final.

Segunda Convocatoria ou Edición:

  1. Os alumnos que desexen mellorar a súa cualificación ou que non superasen a materia na Primeira Convocatoria poderanse presentar a Segunda Convocatoria, onde se realizarán un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. A segunda convocatoria celebrarase na data que estableza a dirección da Escola
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000