Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Robótica médica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A resolución de problemas na aula pode servir para a avaliación continua dos estudantes.
Máximo 1 punto sobre 10.
10 A5
B3
Prácticas de laboratorio O traballo realizado nas prácticas de laboratorio, así como o traballo previo ou os entregables posteriores cando sexan solicitados, constitúen a parte fundamental da avaliación continua.
As prácticas de laboratorio considéranse obrigatorias.
20 A5
B3
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito na data establecida polo calendario de exames da titulación.
Poderá constar de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve, preguntas de desenvolvemento, e resolución problemas.

Será necesario superar un mínimo en cada parte (típicamente o 40%), para poder superar a materia.
40 A5
B3
Traballo Traballo voluntario para subir nota.
Máximo 3 puntos sobre 10
30 A5
B3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As prácticas de laboratorio considéranse obrigatorias. Para superar a materia en primeira convocatoria, é necesario asistir polo menos ao 80% das prácticas de laboratorio e obter unha nota media de prácticas (incluíndo entregables) maior ou igual a 5.

En caso de non superar as prácticas en avaliación continua, e tamén para os alumnos que renuncien á avaliación continua, farase un exame de prácticas de laboratorio unha vez superado o exame oficial.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000