Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Modelado e simulación sistemas biomédicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Criterios de avaliación:
- Asistencia ás clases.
- Puntualidade.
- Preparación previa da clase.
- Actitude e participación nas sesións.
5 A5
B3
C3
Prácticas con apoio das TIC As prácticas avaliaranse de forma continua (sesión a sesión) cunha puntuación de 0 a 10 cada unha.

Os criterios de avaliación son:
- Asistencia mínima do 80%.
- Puntualidade.
- Preparación previa da práctica.
- Actitude e aproveitamento da sesión.
- Cumprimento dos obxectivos fixados.
30 A5
B3
C3
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final consistirá nunha proba escrita (preguntas e/ou exercicios), cunha puntuación de 0 a 10 puntos, de carácter individual e
presencial, que se realizará ao concluír o cuadrimestre, nos horarios oficiais establecidos pola dirección do centro.
40 B3
C3
Traballo Traballo (individual ou en grupo, segundo indicará o profesor) a realizar polo alumnado de forma autónoma pero tutelada, sobre algún(s) artigo(s) de investigación propostos polo profesor. A avaliación farase en base ao documento entregado polo alumnado e a exposición na aula. 25 A5
B3
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada unha das 3 probas (exame final, prácticas e traballo) cualificarase de 0 a 10, ponderándose de acordo á porcentaxe indicada. É necesario obter unha cualificación mínima de 5 en cada unha delas para aprobar a materia, obténdose entón a nota total segundo a porcentaxe indicada anteriormente. No caso de non superar algunha das partes, aplicarase un escalado ás notas parciais, de forma que a nota total non supere o 4,5. No caso da participación nas leccións maxistrais, non se require unha asistencia mínima.

De non aprobar as prácticas en avaliación continua ao longo do cuadrimestre, non se poderá aprobar a materia na primeira convocatoria do curso. Na segunda convocatoria, poderá presentarse a un único exame de prácticas de laboratorio que permitiría, en caso de superalo, aprobar as prácticas, e con iso ter opcións de aprobar a materia.

Para a consideración de presentada/o ou non presentada/o só se terá en conta a participación no exame final.

Na segunda convocatoria do mesmo curso, o alumnado deberá examinarse das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios que nela.

Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (como copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, entre outros) considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000