Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Procesos de Carboquímica e Petroquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos aspectos xerais do programa de forma estruturada, facendo especial fincapé nos fundamentos e aspectos máis importantes ou de difícil comprensión para o alumno.
A profesora facilitará, a través da plataforma Moovi, o material necesario para un correcto seguimento da materia. O alumnado deberá traballar previamente o material entregado polo profesor e consultar a bibliografía recomendada para completar a información.

Ao finalizar cada tema ou bloque de temas o realizaranse probas escritas con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade.

Así, avalíase o resultado de aprendizaxe referente a "coñecer e comprender os aspectos básicos das operacións de separación".
Avaliarase a capacidade de síntese á hora de relacionar conceptos dun modo sinxelo e comprensible.
40 A1
A3
A5
D1
D11
D12
Prácticas de laboratorio Avalíase o resultado da aprendizaxe "coñecer as técnicas de medida das propiedades dos combustibles".

Exponse a realización das seguintes prácticas:
-Caracterizar diferentes combustibles coas análises normalizadas
-Definir a curva ASTM dunha gasolina
-Producir biodiesel a partir de residuos graxos

Débese entregar un informe cos principais resultados obtidos, así como unha discusión en profundidade dos mesmos.
20 A2
D11
D12
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao finalizar cada tema ou bloque de temas o realizaranse probas escritas con preguntas que deberán ser contestadas con brevidade.

Avalíase o resultado de aprendizaxe "resolver problemas relacionados cos
citados procesos e operacións". Nesta tarefa avalíanse os seguintes casos
prácticos:
-Definir cal é a causa do problema que xorde nunha empresa do sector
enerxético
-Detectar as posibles solucións ó problema dende o punto de vista técnico
-Discutir en grupo a solución máis viable dende o punto de vista técnico,
económico e medioambiental
40 A3
A5
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Avaliación continua:

O alumnado poderá optar por non participar no sistema de avaliación
continua indicándoo no prazo que se fixe o día da presentación da
materia e que será de polo menos un mes.

Neste modo de avaliación a cualificación incluirá a seguinte
ponderación: o desempeño nas prácticas de laboratorio (20%), as probas
escritas (40%) e a resolución de problemas (40%).

As cualificacións obtidas tanto nas probas escritas como na de
resolución de problemas deberán ser de polo menos 5,0 puntos sobre 10.
Noutro caso a cualificación será suspenso coa nota numérica máis baixa
das obtidas nas devanditas probas.

2. Avaliación 2ª oportunidade:

A cualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final.
Conservarase a cualificación de prácticas de laboratorio a condición de
que se obtivera unha cualificación mínima 5,0 puntos sobre 10 nesa
metodoloxía. De non ser o caso, no exame final poderanse incluír
preguntas correspondentes ás prácticas de laboratorio.

3. Avaliación global:

A cualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final, onde
se poderán incluír preguntas correspondentes ás prácticas de
laboratorio, as probas escritas e a resolución de problemas. Para
superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación superior a 5
puntos sobre 10.

Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado no que concierne á copia, plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso co traballo colaborativo.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000