Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación de resultados. |
Estudo de casos |
Proba na que un estudante debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |