1.-Segundo se establece
no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e
do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado polo Claustro da
Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a
súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao
procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. No
caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarase polos
profesores en primeiro día de clase.
2.- O/a alumno/a
que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos
seguintes criterios: 1º) Presentación dun traballo acerca dun tema específico
da primeira parte da materia, realizarase a metade de cuadrimestre (30%), 2º)
Proba tipo test, realizarase ao final do cuadrimestre (30%), 3º) Asistencia
regular, participación activa en clase e actividades organizadas pola área de
Dereito Financeiro e Tributario (40%). Para os efectos de poder realizar esta
última avaliación controlarase a asistencia a clase e a participación activa.
3.- Os/as alumnos/as de avaliación
global: a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida
nun exame final escrito, que será diferente ao que realice o alumnado de
avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaránselles de todas as
competencias.
4.- O exame final
realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado
para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2024/2025.
ADVERTENCIA ESPECÍFICA
PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: No exame
de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 100% da cualificación
obtida no exame escrito. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar
e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta
de Facultade. |