Educational guide 2025_26
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Réxime fiscal da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe-servizo O alumnado poderá participar voluntariamente en
actividades titorizadas de aprendizaxe-servizo. A aplicación
desta metodoloxía queda condicionada á súa aprobación
na convocatoria ApS 25-26.
(Calificarase conxuntamente coa nota da participación 35+5= 40%).
5 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. Asistencia regular e participación activa en clase e, no seu caso, asistencia a outras posibles actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario 35 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Presentación Presentación, exposición e debate na clase dun traballo individual acerca dunha temática específica da primeira parte da materiaque preparará o alumnado e que se celebrará en sesión de seminario hacia a metade de cuadrimestre. 30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C65
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado a través de dunha proba final tipo test (30%).

Os/as alumnos/as de avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida nun exame escrito, sendo diferente ao que realicen os/as alumnos/as de avaliación continua, no que se lle avaliarán de todas as competencias.
30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C65
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.-Segundo se establece
no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e
do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado polo Claustro da
Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a
súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao
procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. No
caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarase polos
profesores en primeiro día de clase.



2.- O/a alumno/a
que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos
seguintes criterios: 1º) Presentación dun traballo acerca dun tema específico
da primeira parte da materia, realizarase a metade de cuadrimestre (30%), 2º)
Proba tipo test, realizarase ao final do cuadrimestre (30%), 3º) Asistencia
regular, participación activa en clase e actividades organizadas pola área de
Dereito Financeiro e Tributario (40%). Para os efectos de poder realizar esta
última avaliación controlarase a asistencia a clase e a participación activa.



3.- Os/as alumnos/as de avaliación
global: a súa cualificación estará integrada polo 100% da cualificación obtida
nun exame final escrito, que será diferente ao que realice o alumnado de
avaliación continua. No exame de avaliación global avaliaránselles de todas as
competencias.



4.- O exame final
realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado
para ese efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2025/2026.



ADVERTENCIA ESPECÍFICA
PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARRERA: No exame
de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 100% da cualificación
obtida no exame escrito. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar
e hora especificados no calendario oficial aprobado para ese efecto pola Xunta
de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000