Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario Tratándose dunha materia optativa o seguimiento e superación con éxito da materia precisa do interese e compromiso persoal do estudante que debe manifestarse tanto na asistencia as sesións magistrales como na súa preparación previa e no estudo dos materiais docentes que serán entregados ao longo do curso . Valorarase a participación activa na sesión maxistral con preguntas razoadas e argumentadas sobre a materia ou lección obxecto de exposición. A avaliación continuada, esixe, por unha banda unha asistencia de polo menos o 80% das clases e a realización personal polo estudante de un mínimo de 80% das actividades avaliables (que consisten en un mínimo de 7 tests con preguntas curtas sobre cada lección do programa e un mínimo de 5 casos prácticos con varios supostos de feito reais), que se desenvolverán e serán obxeto de debate e explicación das cuestión mais problemáticas ao longo do curso nas clases practicas . Os casos prácticos obxecto da avaliación continuada realizaranse e entregaranse necesariamente nas datas establecidas no seu momento no cronograma da materia a traves da Plataforma Faitic. A metodoloxía e materíiis docentes que deberá empregar o estudante para responder ao caso práctico especificarase con cada entrega. O Modelo de examen final consta de duas partes:Primeira parte: Exame tipo test sobre ás leccións do programa (40 preguntas) con penalización. Segunda parte: Un suposto de feito con 10 preguntas de resposta curta pero razoada . TUTORIAS Además das titorias en grupo que serán planificadas o inicio de curso A atención personalizada están pensadas para: - Atender persoalmente as dúbidas que poidan suscitarse ao fío das sesións maxistrais - Resolver cuestións expostas ao fío dos supostos prácticos entregados aos/as estudantes, axudando a identificar argumentos e conclusións principais. - Axudar a atopar e elexir coidadosamente o material que os/as estudantes precisan para realizar os traballos que se lles asignen. As titorías académicas terán lugar no despacho A-310 do edificio da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. As titorías requiren presencialidade: Non se realizan titorías por correo electrónico nin se envían materiais por este medio. Os horarios se publicaran o inicio de curso na plataforma docente FAITIC
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000