Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal de empresa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Plantexamento, debate e exposición en aula de conclusións alcanzadas en exercicios prácticos. A resolución de exercicios prácticos é complemento da lección maxistral. Os/as estudantes, durante as sesións presenciais intervirán oralmente, expoñendo a súa solución ou puntos de vista aos casos prácticos propostos, debatendo, no seu caso, coa profesora e os seus compañeiros/as. As discusións deben proporcionar ao estudante unha oportunidade para practicar a expresión oral e de recibir críticas constructivas. Valoraranse positivamente as intervencións dos/as estudantes na discusión exposta, tendo en conta os coñecementos e habilidades demostradas.
Seminario Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Lección maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir información e coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Na sesión maxistral, a docente introducirá aos estudantes nos aspectos básicos de cada tema ou lección. Como soporte ás explicacións, o docente proporcionará materiais (presentación power-point, sentenzas, extractos de obras doutrinais...) e, eventualmente, un esquema-guía cos puntos chave do desenvolvemento da súa explicación. Os materiais proporcionaranse a través da plataforma docente Faitic. En todo caso, a explicación do/a docente deberá ser complementada polo/a estudante tanto cos materiais que le foron proporcionados ao efecto, como pola consulta dalgún dos manuais que figuran na bilbiografía recomendada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000