Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Técnicas de transmisión e recepción de sinais
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución ás comunicacións dixitais -Elementos básicos e descrición xeral dun sistema de comunicacións.
-Comunicacións analóxicas e dixitais
-Descrición dun transmisor dixital
-Descrición dun receptor dixital
2. Sinais, sistemas e procesos estocásticos en comunicacións -Repaso de conceptos básicos. Sinais e sistemas. Transformada de Fourier para tempo continuo.
-Sinais deterministas: definidas en enerxía e potencia. Autocorrelación. Densidade espectral.
-Variables aleatorias. Procesos estocásticos: estacionariedade, autocorrelación, densidade espectral de potencia, ancho de banda. Ruído branco.
3. Conversión en frecuencia e procesado analóxico -Modulación en amplitude (AM) e frecuencia (FM)
-Modulación e demodulación I/Q
-Requisitos e especificacións para transceptores
-Arquitecturas para o receptor: conversión directa, frecuencia intermedia. Etapas analóxica e dixital.
4. Modulacións dixitais de amplitude de pulsos (PAM) -PAM banda base
-Canles limitadas en banda e interferencia entre símbolos (ISI)
-Criterio de Nyquist, pulsos en coseno alzado, diagrama de ollo
-Filtro adaptado
-PAM pasobanda
5. Modulación e detección en canles gausianas. -Espazo de sinal
-Canle discreta equivalente
-Decisor Maximo A posteriori (MAP) e de Maxima Verosimilitude (ML)
-Probabilidade de erro
6. A canle de comunicacións -Medios de transmisión
-Relación sinal a ruído
-Multitraxecto e selectividade en frecuencia
-Desvanecementos
-Efecto Doppler
Contido práctico Nesta materia non se fai unha división entre contidos teóricos e prácticos, estando contemplados exercicios prácticos relativos a moitos dos contidos anteriormente descritos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000