Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Técnicas de transmisión e recepción de sinais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres probas curtas ao longo do cuadrimestre. A súa influencia na nota final detállase en "Outros Comentarios sobre a Avaliación". 60 B3
B4
B6
C7
C9
C10
C20
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final consistente en cuestións de calquera tipo. Versará sobre todos os contidos da materia e realizarase durante o período de exames establecido polo Centro. A influencia do exame na nota final descríbese en "Outros Comentarios sobre a Avaliación". 40 B3
B4
B6
C7
C9
C10
C20
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cálculo da nota final realizarase considerando as notas das tres probas de avaliación intermedia previstas (P1, P2 e P3, respectivamente) e a nota do exame final (EX), todas nunha escala de 0 a 10.

A partir das notas das tres probas de avaliación intermedias calcularase a súa contribución (P) á nota final como:

P = V1*P1 + V2*P2 + V3*P3

sendo

V1 =0.15 se P1 >= 5, V1 = 0 noutro caso

V2 =0.2 se P2 >= 5, V2 = 0 noutro caso

V3 =0.25 se P3 >= 5, V3 = 0 noutro caso

A nota final (F) obterase como:

F =min( 10, P + EX*(10-P)/(10-0.3*P) ) se EX>=3.5

F = min( 4, P + EX*(10-P)/(10-0.3*P) ) se EX < 3.5

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un/ha estudante non pode realizalas no momento en que teñan lugar, os profesores non teñen obrigación de repetilas. En cada proba intermedia avaliaranse conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata a semana anterior á súa realización, inclusive.

Obviamente, para o alumnado que opte por avaliación global, a cualificación final será directamente a do exame final.

Consideraranse presentados á convocatoria por evaluación continua (A.C) todolos/as estudantes que realicen algunha das tres probas de avaliación intermedia previstas e non renuncien á A.C. nun prazo establecido polo profesorado; este prazo será como mínimo dun mes e estará comprendido dentro do período entre a publicación das notas da primeira proba avaliación intermedia e a realización da terceira.

Para o alumnado que curse a materia por A.C., aquelas probas de avaliación ás que non se presente serán calificadas con cero puntos.

A nota das probas de avaliación intermedia (P) conservarase para a oportunidade extraordinaria ao alumnado que se presente ao exame final de dita oportunidade, pero non para cursos posteriores, sendo de aplicación as mesmas regras anteriormente descritas.

Para a convocatoria de fin de carrera realizarase un exame que dará lugar ao 100% da nota.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas de avaliación intermedia ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000