1. A avaliación contida nesta guía docente está dirixida a alumnas e alumnos de ensinanza presencial. 2. A títoria en grupo é de asistencia obrigatoria. 3. Seminarios son actividades de asistencia obligatoria. 4. En conxunto,seminarios e titoría en grupo, deben completar sete sesións de asistencia, como requisito que o alumnado debe cumplir para seren evaluada/o por esta actividade. 5. A nota final resulta de: A) Un exame final no que se valoran o coñecemento dos contidos e as habilidades adquiridas durante o curso: a.1) Por preguntas de resposta larga sobre as sesións maxistrais: 50% da nota final. a.2) Por preguntas de resposta curta, relacionadas coas lecturas realizadas para os seminarios: 20% da nota final. B) Polos traballos prácticos e participación desenvolvidos nas 6 sesións seminarios: 24 % da nota final. Sempre que, ademáis, a/o alumna/o, obteña un 5 no examen final. C) Pola presentación dun esquema de dúbidas ou preguntas sobre cuestións claves, nas 2 sesións de titoria de grupo: 6% da nota final. Sempre que, ademáis, a/o alumna/o, obteña un 5 no examen final. 6. A cualificación correspondente á avaliación continua (traballos prácticos en seminarios, presentación de dúbidas ou preguntas nas titorías de grupo) gardaráse para todas as convocatorias do presente ano académico. 7. Avaliación de Xullo: seguirá os mesmos criterios que os do examen final. 8. Para o alumnado que renuncie á ensinanza presencial: o 100% da nota final obterase mediante un examen final escrito. 9. Datas e horarios das probas de avaliación final: http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201415.html
|