Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas AVALIACIÓN CONTINUA. Os/as alumnos/as resolverán de forma individual varios exercicios, cuxa solución se presentará por escrito para a súa corrección e cualificación.

REQUÍRESE NOTA MÍNIMA: 3 puntos sobre 10
40 A2
A3
B2
B7
C1
C6
C10
C12
C13
D5
Prácticas con apoio das TIC AVALIACIÓN CONTINUA. O alumnado resolverá cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma de teledocencia Moovi. 25 A2
C1
C6
C10
C12
D7
Estudo de casos AVALIACIÓN CONTINUA. Os/as estudantes deberán resolver, mediante o programa estatístico utilizado na materia, os exercicios propostos pola profesora. 25 A3
B2
B7
C6
C8
C12
C13
D5
D7
Seminario AVALIACIÓN CONTINUA. Propoñeranse algúns exercicios dos boletíns de problemas para resolver de forma autónoma con axuda do material docente.

10 A2
B7
C1
C6
C10
C12
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O procedemento para elexir a AG será por medio dunha enquisa que será habilitada en Moovi ao comezo do cuatrimestre. A data límite para cubrir dita enquisa será o 1 de marzo de 2025. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

  • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:
    • Avaliación: O alumnado realizará as probas que constan como AVALIACIÓN CONTINUA no apartado Avaliación e cualificarase segundo a ponderación indicada.  
    • As probas incluídas no apartado "Resolución de problemas" requiren a obtención de polo menos 3 puntos (sobre 10). Se non se alcanza esta nota mínima, a cualificación máxima de EC será de 4,5 puntos (suspenso) independentemente da cualificación obtida nas demais probas.
    • Para superar a materia débese obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na nota final. 
    • Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. Se non se presenta a ningunha das probas, figurará nas actas como "non presentado".

  • AG na primeira oportunidad (convocatoria de maio-xuño II cuatrimestre). O alumnado realizará unicamente a PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL na data oficial establecida para o exame da materia. Para superar a materia deberá obter unha cualificación maior ou igual que 5 puntos (sobre 10) na devandita proba. Considerarase como presentado se se presenta á devandita proba. 
  • AG na segunda opportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira. O alumnado será avaliado mediante unha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da nota. A nota mínima para aprobar será de 5 puntos. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000