Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado resolverá de forma autónoma cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma de teledocencia MooVi. |
Seminario |
Resolveranse en común exercicios dos boletíns e propoñeranse algúns exercicios para resolver de forma autónoma con axuda do material docente |
Lección maxistral |
Nas clases de teoría presentaranse e desenvolverán os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase, a través da plataforma de teledocencia, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo. |