Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Estatística: Estatística I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Resolveranse exercicios dos boletíns de problemas ou similares.
Prácticas con apoio das TIC O alumnado resolverá de forma autónoma cuestionarios tipo test con preguntas teóricas e prácticas dos temas indicados, co obxecto de valorar o nivel de comprensión alcanzado. Para iso utilizarase a ferramenta de cuestionarios da plataforma de teledocencia MooVi.
Estudo de casos Nestas sesións utilizaremos un programa estatístico e aplicaremos as técnicas introducidas nas clases teóricas á análise descritiva de distintos conxuntos de datos. Os/as estudantes deberán resolver, utilizando o mesmo programa, os exercicios propostos pola profesora.
Seminario Resolveranse en común exercicios dos boletíns e propoñeranse algúns exercicios para resolver de forma autónoma con axuda do material docente
Foros de discusión Os/as alumnos/as poderán expor cuestións ou dúbidas sobre contidos teóricos ou prácticos utilizando os foros dispoñibles na plataforma de teledocencia. Tamén se poderán resolver presencialmente ou a través do correo electrónico.
Lección maxistral Nas clases de teoría presentaranse e desenvolverán os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.

Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase, a través da plataforma de teledocencia, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000