Esta guía é aplicable en docencia exclusivamente presencial. A nota da avaliación continua terá vixencia para as convocatorias que dá dereito a matrícula de cada curso académico. A nota final do curso (primeira e segunda oportunidade) será a maior de: a) A suma ponderada da nota obtida nas probas de avaliación continua (AC), que comprende: 4 probas curtas (30%), un exame parcial (25%), traballo de aula (10%) e un exame final (35%). Este exame final coincidirá coa data da avaliación global. A valoración do traballo de aula realizarase de maneira discrecional por parte do equipo docente. A concreción das actividades para realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, a asistencia á aula total ou híbrida, os medios para traballar en grupo etc. b) A nota obtida na proba de avaliación global (AG), esixíndose, na parte de teoría, unha cualificación mínima de 1/3 da nota posible. Se no proceso de corrección das distintas probas de avaliación, incluída a final, o equipo docente consideráseo necesario, poderase convocar ao alumnado para ler e aclarar os contidos da proba realizada. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |