Esta materia ten como obxecto básico o tratamento da información para a valoración das existencias, a planificación e o control da actividade das organizacións e a información contable para o proceso de toma de decisións. A materia está orientada basicamente sobre empresas industriais, no seu ámbito interno, coa análise do proceso produtivo da empresa.