Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Contabilidade de custos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Evidencias da aprendizaxe práctica a través da resolución das cuestións que se propoñen ao alumno durante o curso, para consolidar o seu proceso de aprendizaxe na materia. Estas probas son presenciais. 65 B1
B2
B3
B5
B6
B8
C1
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dunha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias. Valorarase contido e forma da proba escrita. 35 B1
B2
B3
B5
B6
B8
C1
C3
C5
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C14
C15
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta guía é aplicable en docencia exclusivamente presencial. A nota da avaliación continua terá vixencia para as convocatorias que dá dereito a matrícula de cada curso académico. A nota final do curso (primeira e segunda oportunidade) será a maior de:

a) A suma ponderada da nota obtida nas probas de avaliación continua (AC), que comprende: 4 probas curtas (30%), un exame parcial (25%), traballo de aula (10%) e un exame final (35%). Este exame final coincidirá coa data da avaliación global. A valoración do traballo de aula realizarase de maneira discrecional por parte do equipo docente. A concreción das actividades para realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, a asistencia á aula total ou híbrida, os medios para traballar en grupo etc.

b) A nota obtida na proba de avaliación global (AG), esixíndose, na parte de teoría, unha cualificación mínima de 1/3 da nota posible.

Se no proceso de corrección das distintas probas de avaliación, incluída a final, o equipo docente consideráseo necesario, poderase convocar ao alumnado para ler e aclarar os contidos da proba realizada.

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000