Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Tradución especializada económico-comercial Portugués-Galego-Portugués/ Portugués-Español-Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación Inicial Fase 1
Simulación de comunicación comercial con cliente nativo do Brasil/Angola/Portugal (resposta a correo electrónico con solicitude de orzamento). Esta proba representa o 5% do total da nota final.

Avaliación Inicial Fase 2
Comentario de tres fragmentos documentos económico- comerciais curtos. Esta proba representa o 5% do total da nota final.

Avaliación intercalar 1
Desenvolvemento de exercicios prácticos dirixidos á correcta aprendizaxe de técnicas e criterios axeitados para a tradución xurídica e administrativa, a través da realización de prácticas de execución de tarefas reais/simuladas, e acompañada da xustificación das escollas e decisións tomadas. Esta proba representa o 10% do total da nota final.

Avaliación intercalar 2
Resolución de exercicios de tradución específica contando co auxilio de todas as fontes de información e documentación coñecidas, tanto en soporte impreso como electrónico. Esta proba representa o 10% do total da nota final.
40 A2
B1
B2
B3
B4
B7
B9
C1
C6
C7
D1
D5
D8
D9
Traballo Avaliación Final 1
Proxecto de Tradución - Planificación, elaboración, presentación e defensa dun proxecto de tradución de documentos de carácter comercial e/ou financeiro. Poderá incluir a corrección da propia tradución, á luz dos comentarios feitos pola profesora. Esta proba representa o 30% do total da nota final.

Avaliación Final 2
Proxecto de Glosario – tradución dun glosario de termos do ámbito comercial e/ou financeiro, con comentario das dificultades encontradas e as solucións aplicadas.
Esta proba representa o 30% do total da nota final.
60 (30+30) A1
A3
A4
A5
B5
B6
C2
C4
C8
D3
D4
D6
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda edición de actas (convocatoria de xuño-xullo de 2024)

A proba de xuño-xullo poderá incluir até tres partes:

1. Práctica: exercicio de tradución e posterior defensa.

2. Exercicio de escolla múltipla orientado a verificar o coñecemento da terminoloxía, en particular os falsos amigos e as zonas de «conflito» xurídico/económico.

3. Revisión crítica dun texto traducido, con especial énfase en: 

- identificar os criterios aplicados 
- analizar a súa coherencia 
- dificuldades e riscos das escollas realizadas 
- proposta argumentada de corrección (se houber)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000