Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral Código V01M128V11107
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Álvarez Lugrís, Alberto
Gregori Sendra, Jessica
Correo-e alugris@gmail.com
gregori@uvigo.es
Profesorado
Gregori Sendra, Jessica
Web http://https://paratraduccion.com/limiares/emprendemento/
Descrición xeral Os obxectivos principais desta materia do módulo A obrigatorio de emprendemento do MTCI son promover o interese dos estudantes polo emprendemento, xerar e desenvolver unha idea de negocio, proporcionar as ferramentas e a información necesarias para a elaboración e o desenvolvemento do Proxecto Profesional do alumnado como futura persoa emprendedora, conectando os ámbitos académico e profesional procurando que o resultado de aprendizaxe sexa saber recoñecer e aplicar un abano de accións que se desenvolven ao redor dos eixos que se especifican no bloque de contidos desta guía docente.
Para iso a materia estruturarase en dous bloques.

No primeiro tratarase de identificar as calidades e valores do emprendemento, a identificación de oportunidades, así como as habilidades fundamentais que deben de ter os emprendedores e no segundo traballarase sobre os aspectos necesarios para pór en marcha un plan de emprendemento, desde o nacemento do proxecto até a súa execución final.

O segundo bloque está máis enfocado á mercadotecnia para emprendedores. Nel traballarase a creación e xestión da imaxe de marca e as redes sociais para emprendedores.

Como bloque separado analizaranse programas e axudas vixentes para emprendedores que poden axudar aos alumnos no seu futuro emprendemento.

A materia terá un carácter eminentemente práctico para achegar aos estudantes a unha experiencia real de emprendemento e, ademais, desenvolveranse as habilidades de traballo en grupo e presentación efectiva de ideas e proxectos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000