Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a comunicación internacional
 Materias
  Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación dos diferentes aspectos da materia en relación con: contidos, planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación. Resolveranse as posibles dúbidas en relación con estas cuestións.
Seminario Clases de presentación dos contidos da materia. Servirán para:
a) introducir as diferentes unidades do programa
b) sistematizar aspectos e problemas abordados
c) propor puntos de debate
d) establecer as directrices e guiar as actividades que deben realizar os/as estudantes.
Debate Debate sobre diversas cuestións que propoñan en relación cos contidos do programa. Poden ser en clase ou através da plataforma docente.
Eventos científicos Presentación dun subdominio temático do ámbito do emprendemento. De ser necesario pode ser substituído por outra actividade equivalente que permita coñecer o devandito ámbito.
Traballo tutelado Traballo na aula sobre as diferentes actividades que se propoñan.
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dunha serie de actividades propostas en cada tema para entregar.
Presentación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000