Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Métodos e Recursos de Investigación Lingüística e a súa Aplicación á Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais (lectures e seminarios): atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. Os exercicios serán puntuados polo profesor, con ou sen previo aviso. Debe terse en conta que a asistencia é obrigatoria. 20 A4
A5
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará de forma autónoma na aula ou fóra da aula e que serán puntuados polo profesor. Algúns destes exercicios serán auto-evaluados polo alumnado mediante a plataforma virtual.
40 A4
A5
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
Presentación Presentación final na que o alumnado porá en práctica tanto os coñecementos teóricos como os principios metodolóxicos desenvolvidos no curso. A tarefa consiste nun esbozo/plan para un proxecto de investigación, incluíndo antecedentes da investigación, hipótese, metodoloxía, bibliografía etc. 40 A1
A4
A5
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Este curso será impartido integramente en lingua inglesa.
  • A asistencia presencial é obrigatoria.
  • Esperáse que o alumnado complete todos os traballos/exercicios requiridos e que faga as lecturas indicadas. Espérase que o alumnado veña preparado ás aulas para poder seguir as sesións adecuadamente, e para debater as lecturas e exercicios.
  • As datas de entrega de exercicios e traballos serán acordadas co alumnado ao comezo do curso. En xeral, os exercicios entregaranse despois de cada unidade temática, e o proxecto final entregarase despois de rematar o curso presencial.
  • O alumnado debe visitar a plataforma Moovi con regularidade, e consultar o correo electrónico tamén.
  • Non se tolerará ningún tipo de plaxio, e de cometerse éste será penalizado severamente cun suspenso na totalidade da materia. Alegar descoñecemento non eximirá a/o estudante da súa responsibilidade.
  • Se se suspende a materia na primeira edición de actas, o alumnado deberá recuperar a parte suspensa (exercicios e/ou proxecto final) na segunda edición de actas (xullo). A data de entrega será acordada entre o profesor e o alumnado suspenso, sendo ésta igual para todas/os as/os estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000