Traballo |
Por atención personalizada enténdese atención na aula e en horario de titorías, así como atención a través da plataforma de teledocencia. Entre os obxectivos da atención personalizada están a orientación xeral sobre a materia, o fomento de estratexias de aprendizaxe, ofrecer indicacións sobre os traballos e exercicios, analizar os resultados obtidos en probas xa realizadas ou o asesoramento para a superación do curso. É recomendable que o alumnado informe con antelación da súa intención de asistir a unha sesión de titorías. A hora e día debe ser acordado por medio do correo electrónico. |